Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! U nas możesz zwrócić towar do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
30 dni na zwrot towaru
O presente volume pretende ofrecer un método práctico orientado ápreparación da proba de lingua galega no proceso selectivo para oingreso no cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Nasúa redacción pódense observar catro partes principais:* Propostas con cuestións referentes ao co?ecemento da lingua galega.Son un total de 1000 preguntas, repartidas en 50 cuestionariosformados por 20 exercicios. A súa estrutura é a que segue:a) Vocabulario de Medicina (da 1? á 5? pregunta). b) Corpo humano (da 6? á 8?). c) Léxico Administrativo (da 9? á 11?). d) Léxico común (da 12? á 15?). e) Morfoloxía, Sintaxe e Ortografía (da 16? á 20?). * Cuestionarios das máis recentes convocatorias do SERGAS. Recollemosun total de 14 propostas, coas que se pretende ofrecer unha panorámica dos exercicios presentados nos últimos anos (de 2002 a 2005) para asdiferentes categorías laborais (auxiliar de enfermería, celador/a,servizo de coci?a, etc.) * Vocabulario específico. A modo de complemento, incluímos unvocabulario específico da saúde e da administración sanitaria. Trátase dos principais termos do léxico específico deste ámbito, agrupadosnun glosario final coa finalidade de facilitar a consulta, cando estafora necesaria. * Solucionarios. Recollen as respostas correctas tanto aos 50cuestionarios propostos como aos 14 correspondentes a convocatoriasanteriores.Como estratexia de aprendizaxe autodidacta, recomendamos o seguinteprocedemento: 1?) realización dun único cuestionario, 2?) comprobación dos resultados, e 3?) identificación da causa dos posíbeis erros. Agardamos que lectoras e lectores consigan perfeccionar o seu nivel de lingua galega e que tiren o maior proveito posíblel a esta obra.