Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! U nas możesz zwrócić towar do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
30 dni na zwrot towaru
Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para oDobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unhamilitante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un presorelata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unhamuller maltratada decide tramitar o divorcio e convértese nunhafuguista de incerto destino. Homes e mulleres coa existencia trabada,seres recluídos por barrotes verticais e horizontais, vítimas dofanatismo que levan a celosía incrustada nos ollos. Nesta edición actualizada e ampliada, Sentinela, alerta! recolle oncetextos nos que se aborda o lado máis escuro da condición humana: oexercicio da tortura e os malos tratos inflixidos sobre as mulleres eos máis débiles. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unificaunha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, acorrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.