Jednak się nie przyda? Nic nie szkodzi! U nas możesz zwrócić towar do 30 dni
Bon prezentowy to zawsze dobry pomysł. Obdarowany może za bon prezentowy wybrać cokolwiek z naszej oferty.
30 dni na zwrot towaru
Coma se fosen as pedriñas coas que Hansel marcaba os seus pasos polaespesura do bosque, O rastro que deixamos reúne por vez primeiratraballos dados a coñecer por Agustín Fernández Paz en diferentesmedios e contextos ao longo do tempo, así como outros que permanecíaninéditos. Neles, o autor aborda un regueiro de episodios fundamentaisna súa vida, retallos da memoria que nos permiten achegarnos á ética e mais á poética do escritor. Estes rastros son unha mostra de dúasliñas de traballo esenciais, a memoria da infancia e o oficio daescrita. Na primeira parte, baixo a epígrafe «As paisaxes da memoria», reúnense escritos onde predominan as vivencias da nenez e damocidade, naqueles anos en que asistiu á creación do mundo na súaVilalba natal. Os textos da segunda, titulada «O oficio de escribir»,fálannos da súa paixón pola lectura e pola escrita, así como da súa fe na forza das palabras para cambiar o mundo e cambiar a vida. Comoocorre nos libros de ficción de Fernández Paz, estas páxinas seducenpola claridade das ideas e polo engado con que se expresan. Ademais,permítennos adiviñar as pegadas das experiencias vitais na súa obra edescubrir os fundamentos do oficio de narrador, o termo no que o autor mellor se recoñece. Cada unha das dúas partes péchase cunhas páxinasnarrativas, a primeira, cos relatos «A mirada de Clara» e «Cando nacen as estrelas», a segunda, cun peculiar e irónico conto por palabras,«Reflexións sobre a precariedade laboral». Estes relatos amosan como o autor constrúe os textos de ficción cos vimbios da súa vida, unhavida que traslada logo aos seus personaxes. Quizais isto explique porque a súa produción literaria recende a verdade e conta co aprecio dun público tan amplo e tan diverso.